Gañou o que puxo máis empeño en sumar os tres puntos
Tarde de sábado negra para o Pabellón da Liga Nacional Xuvenil, que se viu superado polo Valladares (3-4) no campo dos Remedios. Os pabellonistas vironse superados por un rival con moita máis actitude e intensidade durante uns setenta e cinco minutos de partido.
Os pabellonistas apenas estiveron ben durante case un cuarto de hora final do primeiro acto. Antes, Saúl abrira o marcador moi cedo (8`) pero antes de cumprirse a media hora de xogo os visitantes xa lle deran a volta ao partido cos tantos de Mario e Vasco.
Despois do gol de Esteban para empatar 2-2, chegarían os mellores minutos dos de David Carnero, que gozaron de dúas ocasións moi claras cun balón ao traveseiro de Justino e un fallido remate coa testa de Carlos ás mans do meta Martín. Con ese marcador chegaríase ao descanso.
Segundo tempo
Na volta de vestuarios o Valladares non baixou a intensidade e notábase a leguas a súas gañas de vencer nos Remedios. En vintedous minutos puxo terra polo medio coas dianas de Vasco e Alexandre para colocar o 2-4 no marcador.
Esperábase unha reacción no branquiverdes pero nada de eso ocurriu. É máis o rival, que nunca especulou coa vantaxe de dous goles, aínda quería máis e cada vez que pisaba o área local, como en gran parte do partido, había perigo inminente. No instantes finais Saúl acortaría distancias pero sen tempo para máis.
Con este revés unido a outros resultados da xornada, a segunda praza de ascenso está compartido por Pabellón, Choco e Val Miñor, os tres con 35 puntos.
O Pontevedra ocupa o primeiro posto que permite saltar á División de Honra cunha vantaxe de oito puntos sobre ese trío de conxuntos. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Xuventude de Oroso no Lino Balado de Sigüeiro.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (3): Bruno, Carracedo (Fernando, m.60), Langa, Juan Pablo, Manu (Iago Outeiriño, m.60), Saúl, Esteban, Dámaso, Sergio (Unai, m.78), Justino (Sabucedo, m.78) e Carlos (Aarón, m.78).
CVC Valladares (4): Martín, Costa, Aarón Martínez, Alexandre, Aarón Peixoto (Roi, m.80), Dieguito, Saúl (Antón, m.82), Mario (Daniel, m.64), Vasco (David, m.80), Coira e Xuco (Raúl, m.80).
Árbitro: Pérez Quintas, asistido nas bandas por González Rey e Boimorto Blanco (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Aarón Martínez (m.70) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.8: Saúl. 1-1, m.11: Mario. 1-2, m.26: Vasco. 2-2, m.31: Esteban. 2-3, m.58: Vasco. 2-4, m.67: Alexandre. 3-4, m.90: Saúl.
Incidencias: Partido da xornada dezanove da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.