lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

FÚTBOL 8

Comezaron os Play Off no Fútbol 8

A xornada do Fútbol 8 para os nosos equipos ofreceunos o comezo do Play Off en Primeira Alevín e Segunda Benxamín nunha fin de semana pasada por auga.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Alevín A comezou o Play Off cun triunfo claro sobre o CD Arenteiro (7-2) nos Remedios. Ao final da primeira metade os de Antonio Parrilla xa anotaran catro goles e na segunda ampliarían distancias con dúas díanas máis. Certa relaxación nos dez minutos finais permitiron que o rival anotase dous goles. Nico (3), Iker (2), Martín e Borja foron os goleadores.

Reparto de puntos en Oira entre Ourense CF e o Alevín Promesas (1-1) nun partido igualado tal e como mostra o marcador final. Non houbo moitas ocasións ao longo de todo o choque pero foron os de Anxo Valcárcel quenes anotarían primeiro por medio de Leo para empatar posteriormente os locatarios.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Derrota do Alevín C na última xornada do Seúl grupo a mans da ED Chantada (5-2) no Sangoñedo. O cadro lucense estivo máis atinado que os nosos e leváronse a vitoria. No descanso xa mandaban no marcador (3-1). Brais e Yago foron os goleadores. Non tuvo xornada o Alevín B.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Vitoria ampla do Benxamín A (10-1) contra o CD Santa Teresita nos Remedios. Os de Gabriel Prada dominaron maioritariamente aínda que os de Eiroás mereceron algún gol máis. Mauro (5), Dani (2), Damián, Teo e Izan anotaron os tantos.

Derrota do Promesas Benxamín no campo de A Granxa (3-1) contra a EDC Verín. Os locatarios xa mandaban no marcador ao final da primeira parte (1-0). Älvaro fixo o tanto para os de Quique Serantes.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Benxamín B comezou o Play Off da mesma forma que arrancara a primera fase do seu grupo, encaixando unha derrota nos Remedios (2-3) contra o CD Polìgono. Ao descanso as forzas estaban niveladas (2-2) e na segunda metade o gol dos visitantes acabou decidindo o choque. Álex e Xoán anotaron os tantos.

Pola súa parte, o Benxamín Promesas B caía no campo de A Moreira (2-0) contra a EDC Xinzo. Na primeira metade o marador non se movería e dous fallos puntuais supuxeron os goles do cadro limiao nunha cita na que os de José Salgado tiveron ocasións para marcar pero faltou definición no remate.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Foi superior o Prebenxamín A ao CD Santa Teresita en Eiroás (2-17). Os de Enrique Silva xa tiñan unha ampla vantaxe ao final do primeiro acto. Javier (6), Saúl (4), Marco (3), Sergio (2), Kevin e Álex foron os goleadores.

O Pabellón Promesas impúxose á EDC Verín nos Remedios (6-3) nun partido no que os de Marcos Cudeiro levaron maioritariamente o peso do xogo. Ao descanso o marcador xa era favorable para os nosos (4-3). Na segunda metade os pabellonistas estiveron  menos permisivos en defensa e acertaron a marcar dous tantos máis para pór terra polo medio. Nico (2), Alejandro, Gael, Daniel e Pablo foron os goleadores.

Comezaron os Play Off no Fútbol 8