viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

FÚTBOL 8

Segue a boa racha na sección de Fútbol 8

Os nosos representantes do Fútbol 8 volveron a completar unha excelente xornada na que sacaron adiante sete partidos de forma solvente, encaixando unha soa derrota.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Pabellón CF obtivo unha ampla vitoria (1-8) no Monte da Aira na visita ao CD Velle. Os de Antonio Parrilla anotaron catro goles en cada tempo nunha cita dominada ampliamente. Mateo Dosantos (2), Aitor (2), Hugo Ochogavía (2), Nico e Iker anotaron os tantos.

Tamén estivo moi acertado no remate o Pabellón Promesas (10-0) contra o CD Allariz que tivo ao seu porteiro como o gran protagonista cunha labor moi acertada. Dani (2), Leo (2), Nico (2), Adrián, Guillermo, Mario e Saúl foron os goleadores para os de Anxo Valcárcel.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Pabellón CF "B" facíase coa vitoria no campo da SDC Arrabaldo "B" (1-4) no duelo entre os dous primeiros clasificados do Grupo 43ª A. Os de Jorge Manuel fixeron méritos para levarse o partido con goles de Mikel (2), Iker e Breogán.

Nos Remedios o Pabellón CF "C" remontou con solvencia (8-1) o gol inicial do CF Monforte "B". Os de Marcial González foron de menos a máis anotando os tantos Breogán (3), José (2). Augusto (2) e Anxo.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Triunfo holgado do Pabellón CF contra a AD Bosco nos Remedios (11-1). O cadro colexial chegaba colocado na terceira praza do grupo cunha soa derrota, pero os de Gabriel Prada dominaron e crearon moitas oportunidades. Damián (2), Izán (2), Mauro, Héctor, Iker, Dani, Nico, Rubén e Teo repartíronse os tantos.

Segue enrachado o Pabellón Promesas despois de perder na primeira xornada, sumando cinco partidos sen coñecer a derrota. Nesta ocasión vencía a domicilio á EDC Celanova (1-4). Hugo (3) e Pablo marcaron para os de Quique Serantes.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Un gol na primeira metade e dous na segunda facilitaron a vitoria do Pabellón CF "B" nos Remedios contra a AD Bosco "C". Os de Manuel Doval levaron sempre a iniciativa anotando os tantos Iván, Álex e Iker.

Derrota do Pabellón Promesas "B" no campo da SDC Arranaldo (3-0). Despois dun primeiro tempo sen goles para os de José Manue Salgado, os locatarios anotarían os tres tantos na segunda parte.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
A cita entre Pabellón CF e Pabellón Promesas xogarase este mércores (18.30 horas) nos Remedios.

Segue a boa racha na sección de Fútbol 8