Fútbol 8 / Deron todo nas fases galegas
Os equipos benxamín e prebenxamín do club acabaron cuartos na fase final de Mos
Os conxuntos pabellonistas, que loitaron ao máximo nos dous partidos, tiveron que conformarse coa cuarta praza de toda a Comunidade na Fase Final Galega de Fútbol 8 disputada no campo de As Baloutas en Mos, á que se clasificaran a semana pasada de forma brillante.
Os benxamís de Manuel Doval caeron na semifinal a mans do Deportivo, que foi o campión, por un marcador de 3-1 e na consolación cederon contra o Calasanz da Coruña por un apretado 3-2. Na final o Deportivo vencía 3-1 ao Celta.
Pola súa parte, os prebenxamís dirixidos por Antonio Parrilla vironse superados na semifinal polo Victoria da Coruña por 2-0 e na consolación caeron por 1-0 contra o AJ Lérez de Pontevedra, O título foi para o Ural da Coruña, que venceu nos penaltis ao Victoria despois do empate 2-2 no tempo regulamentario.
Felicitar aos nosos equipos polo excelente papel que realizaron tanto na primeira como na última fase.