El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Unha soa derrota na xornada do Fútbol 11

P2020076
A xornada da pasada fin de semana deixou bos marcadores para os nosos representantes nas categorías de Fútbol 11. Cabe destacar a condición de equipo invicto do Xuvenil "B" e a clasificación matemática para os Play Off na 1ª Autonómica do Xuvenil "C" e os dous conxuntos infantís.

LIGA GALEGA XUVENIL
Vitoria do Pabellón CF "B" nos Remedios contra o Gondomar FB (2-1) nunha cita frouxa dos de Guillermo García, de maneira especial na segunda metade. Ao descanso os nosos tiñan vantaxe mínima cun tanto de Cacharrón e nos primeiros compases do segundo acto Pablo anotaría o segundo.

A partir dese momento os visitantes pasaron a dominar completamente aínda que se levar moito perigo á meta de Hugo, pero o gol do adversario a trece do final encheu o partido de incertidume. Por frotuna as cousas quedaron así e os tres puntos na casa. O equipo é segundo na táboa e mantense invicto despois de dez xornadas.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Partido de trámite para o Pabellón CF "C" nos Remedios contra a ED Terras de Maside (7-0). Os de Marcial González xa tiñan o partido perfilado ao final da primeira metade (3-0) e na segunda ampliarían distancias. A vitoria permite clasificación matemática do equipo para o Play Off final a falta de dúas xornadas. Luis (3), Gallego (2), Caseiro e Día foron os goleadores.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Derrota do Pabellón CF na Cheda contra o CD Lugo (2-1). Os lucenses fabricaron a vitoria na primeira parte ao anltar os dous goles nesta fase. Na segunda os de Abel Afonso estiveron mellor pero non resultou suficiente para rescatar un punto pese ao tanto de Amanuel con moito tempo por diante.

LIGA GALEGA CADETE
O Pabellón CF "B" superou ao CVC Valladares (5-0) nos Remedios nun partido no que foron de menos a máis. Ao descanso os de José Dopazo tiñan vantaxe mínima. Na segunda parte o equipo estivo mellor e non deu opción ao rival obtendo un marcador amplo. Amills (2), Raúl (2) e Sergio foron os goleadores.

LIGA GALEGA INFANTIL
Reparto de puntos nos Remedios entre Pabellón CF e UD Santa Mariña (1-1). Os de Rubén García tomaron vantaxe cun bonito gol de Ibai nun disparo cruzado dende o vértice do área grande. Os vigueses, que fixeron dano nas accións a balón parado, estableceron o empate á saída dun saque de esquina. No segundo tempo o resultado permaneceu inamovible. Os nosos seguen metidos entre as oito primeiras prazas que dan acceso ao Play Off.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Destacada vitoria do Pabellón Promesas no campo da EDC Verín (1-2) que clasifica matemáticamente aos de Carlos Amorín para o Play Off a falta da última xornada. Na primeira metade os verinenses mandaban no marcador e foy traspasado o ecuador do segundo tempo cando os pabellonistas lle deron a volta ao partido cos tantos de Iker e Joaquín.

Empate nos Remedios entre Pabellón CF "B" e CD Arenteiro (3-3). Os de Juan Carballo non estiveron á altura de ocasións anteriores. Nos primeiros quince minutos tiveron moita posesión de balón pero na primeira chegada ao área local os pabellonistas foron incapaces de despexar un balón en tres ocasións e o balón acabou dentro da rede (0-1). Tivo dúas oportunidades o equipo para, polo menos, empatar pero nin Ribao nin Antón acertaron no remate.

No segundo tempo as cousas puxéronse máis complicadas ao encaixar o segundo nunha falta de entendemento entre dous xogadores branquiverdes. Sen embargo, os nosos reaccionaron ben e cun hattrick de Hugo Alcázar déronlle a volta ao marcador. Cando parecía que a vitoria quedaría na casa un cúmulo de fallos permitiu que un rival rematase só para empatar o choque. O equipo xa ten pasaporte para o Play Off final a falta dunha xornada.

Unha soa derrota na xornada do Fútbol 11