El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Fútbol 11 / O Promesas infantil, con opcións ao ascenso

Importante vitoria na Liga Galega Xuvenil e o cadete Promesas quedouse sen posibilidades de meterse na fase de ascenso

O Promesas infantil aínda opta ao ascenso e o cadete quedouse sen opcións de meterse na fase de ascenso

Houbo de todo na xornada da pasada fin de semana para os nosos equipos de "campo grande", que obtiveron catro vitorias, dous empates e dúas derrotas.

Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 5-0 Sárdoma)

Vitoria tan merecida como necesaria -descenden sete equipos- do segundo equipo xuvenil da entidade que unha vez máis segue capeando o temporal moi mermado entre lesións e o salto de varios xogadores ao primeiro equipo. Os de Anxo Valcárcel foron de menos a máis diante dun rival que comezou mandando no campo aínda que as mellores ocasións sempre foron do lado local. Antes do gol de Outeiriño, xa avisaran en dous remates desviados con moito acerto polo meta rival.

Despois de marcharse ao descanso ambos equipo co solitario tanto dos branquiverdes, nos primeiros compases da renudación romperíase o partido con dous goles máis do Pabellón anotados por Sampedro e Janfry. Iago Varela e Carlos, de penalti, ampliarían distancias nos dez minutos finais do choque. VER FICHA TÉCNICA. Con esta vitoria o equipo é segundo na táboa a falta de cinco xornadas para o final. O masivo descenso de equipos e a tremenda igualdade na zona media do grupo non deixan un respiro a ningún dos equipos do 2º ao 12º posto. Ver clasificación.

Play Off-1ª Autonómica Xuvenil (Pabellón "C" 2-2 Chantada)

Reparto de puntos no campo de Os Remedios nun partido xogado de poder a poder no que os de Miguel Alonso tiveron vantaxe por dúas veces. Rodrigo marcaría aos cinco minutos e na última xogada do primeiro tempo empatarían os lucenses. O retorno de vestiarios foi fructífero para o Pabellón xa que Óscar colocaba o segundo no marcdor. A partir de ahí o Chantada apretou máis devolvendo a igualada a quince do final. Posteriormente non se movería máis o marcador. VER FICHA TÉCNICA. A falta da última xornada os branquiverdes son terceiros na táboa. Ver clasificación.

División de Honra Cadete (Lugo 1-4 Pabellón)

Clara e xusta vitoria dos de Guillermo García en terras lucenses nun partido no que foi superior ao rival. Ao descanso o marcador xa era favorable aos nosos (1-2) con goles de Gustavo e Xabi e no segundo tempo os pabellonistas non deron opción incrementando distancias cos tantos de Xabi e Gustavo. VER FICHA TÉCNICA. O equipo segue aferrado á terceira praza. Ver clasificación.

Liga Galega Cadete (Pabellón "B" 3-1 Valladares)

Resultou igualada a primeira parte deste partido cun Valladares que saiu a por todas na búsqueda dunha vitoria necesaria dada a súa implicación na zona de descenso. Os locatarios aguantaron ben o empuxe do rival e na última xogada do primeiro tempo Santi anotaba o 1-0. A volta de vestiarios foi boa para os branquiverdes xa que José anotaba o segundo e posteriormente o dianteiro local facía o terceiro.

Non baixou os brazos o equipo visitante recortando distancias nons último minutos sen maiores consecuencia. VER FICHA TÉCNICA. A vitoria deixao ao equipo nunha meritoria quinta posición. Ver clasificación.

Play Off-1ª Autonómica Cadete (Barco 2-1 Pabellón Promesas)

Derrota dos de Rubén García en terras valdeorresas cun equipo moi mermado polas baixas. Aínda así os nosos deron a cara durante os oitenta minutos pero non puideron evitar a vitoria dos locatarios, que deixou sen opcións aos pabellonistas de optar á cuarta praza na última xornada. VER FICHA TÉCNICA. A derrota non empaña a excelente campaña do equipo, que foi de menos a máis e superando moitas adversidades coas lesións. Ver clasificación.

Copa Galicia Infantil (Arousa 3-1 Pabellón)

Despois dunha primeira parte igualada, polo menos no marcador (1-1), os de Vilagarcía levarónse a vitoria con dous goles na segunda metade, un deles de penalti. Iker Baltar marcou para os nosos. VER FICHA TÉCNICA. O equipo é terceiro e xa ten praza asegurada para a fase final deste torneo que xogan os catro primeiros. Ver clasificación.

Play Off-1ª Autonómica Infantil (Pabellón "B" 3-3 Velle)

Empate nos Remedios nun partido cun tempo para cada equipo. Na primeira metade os loctarios anotarían os tres goles -Amills (2) e Xoel- que parecían deixar o partido encarrilado, pero os visitantes non baixaron os brazos e na segunda metade empatarían o partido. O equipo ocupa a oitava praza. Ver clasificación.

Play Off-1ª Autonómica Infantil (CD Rúa 3-4 Pabellón Promesas)

Traballado triunfo no campo de O Aguillón diante dun incómodo rival que chegú a mandar no marcador durante a primeira parte aínda que os nosos empatarían antes do descanso (2-2) con goles de Isaac e Machaca.. A segunda metade estivo igual de emocionante e o gol de Juan Pablo daría unha nova vantaxe aos branquiverdes.

Despois da igualada  dos valdeorreses o tanto de Machaca nos últimos compases facilitaría a vitoria. Con este marcador os nosos chegan con opcións á primeira praza -permite o ascenso directo- que ocupa a ED Ourense, club vinculado connosco. Ver clasificación.

Torneo Conservas Calvo Alevín (Conxo 0-5 Pabellón)

Os goles de Izan (2), Álvaro e Antón, todos eles na segunda metade, facilitaron a cómoda vitoria dos pabellonistas no campo de A Merced en Santiago. O domingo (17 horas) reciben ao líder Celta nos Remedios. Ver clasificación.

Fútbol 11 / O Promesas infantil, con opcións ao ascenso