Fútbol 11 / Moitos goles repartidos
Partido taquicárdico do Xuvenil de Liga Galega nos Remedios (3-3) nunha xornada discreta
Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 3-3 AJ Lérez)
Partido taquicárdico nos Remedios de maneira especial no tramo final. Os de Anxo Valcárcel chegaron a ter dous goles de vantaxe anotados por Iago Varela e Carracelas. En doce minutos os pontevedreses daríanlle a volta ao marcador pero un tanto de Janfry nos últimos instantes permitiría rescatar un punto. Ver clasificación
Liga Galega Infantil (Pabellón Promesas 0-2 Areosa)
Os vigueses leváronse a vitoria despois de marcar un gol en cada tempo da cita disputada no campo de Os Remedios. Ver clasificación
1ª Autonómica Infantil (Monforte 3-1 Pabellón "B")
Derrota dos de Rubén García no Luis Bodegas. Un gol ao borde do descanso dos monfortinos rachou a igualada que conseguira José despois de gol inicial dos locatarios. Avanzada a segunda metade chegaría o terceiro do Monforte que resultou letal. O equipo recibe o sábado ao Rúa coa quinta praza en xogo. Ver clasificación