El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Frenazo do Xuvenil A no campo do Lugo B, que resolveu en vinte e seis minutos

Inoportuno tropezo do Pabellón da Liga Nacional Xuvenil, que por vez primeira non fixo gol, no campo dun  Lugo "B" situado na parte media-baixa da táboa e necesitado de puntos.

Os branquiverdes chegaban a esta cita despois de tres vitorias consecutivas que o auparan á segunda praza do grupo, ocupando a primeira praza de ascenso. Despois desta xornada son terceiros e manteñen a posición de ascenso xunto ao Pontevedra.

A escadra lucense encarrilou o partido antes de cumprirse a media hora de xogo cos dous goles que acabarían dándolle a vitoria. O primeiro deles aos dezaseis minutos e o segundo dez máis tarde, neste caso en propia meta.

Primeira cita sen marcar

De ahí ata o final os pabellonistas quixeron reaccionar pero os locatarios estaban moi envalentonados cunha boa vantaxe no marcador. Os lucenses conseguiron que por primeira vez no que vai de campionato os de David Carnero se quedasen sen marcar aínda que tiveron un par de ocasions para facelo.

Na próxima xornada o Pabellón recibe o sábado nos campo dos Remedios ao Val Miñor, que ocupa a cuarta praza empatado a 19 puntos cos branquiverdes.

FICHA TÉCNICA

CD Lugo "B" (2): Brais, Lourido (Daniel Blanco, m.56), Mateo, Xavier Iriarte, Diego, Daniel Pérez (Calviño, m.65), Sergio (Fran, m.87), Lamús, David, Iker (André, m.65) e Carlos (Adrián, m.87)

Pabellón CF (0): Bruno, Dámaso (Machaca, m.84), Manu (Juan Pablo, m.46), Langa, Unai (Mociño, m.55), Justino, Aarón (Amills, m.55), Sergio, Iago Outeiriño, Fernando (Mauro, m.64) e Carlos.

Árbitro: Abel Bruzos, asistido nas bandas por Blanco Méndez e Del Olmo Brasero (Comité Galego-Lugo). Amonestaron a Lourido (m.46), Xavier Iriarte (m.72), Daniel Blanco (m.74) e Lamús (m.80) nos locais e a Carlos (m.71), Amills (m.77) e Juan Pablo (m.78).

Goles: 1-0, m.16: Sergio. 2-0, m.26: Iago Outeiriño (pp).

Incidencias: Partido da décima xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo de A Cheda en Lugo.

Frenazo do Xuvenil A no campo do Lugo B, que resolveu en vinte e...