miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

27ª TORNEO NADAL PREBENXAMÍN-SUZUKI

O trofeo prebenxamín quedou nos Remedios

O Pabellón CF proclamouse campión do 27º Torneo Nadal Prebenxamín-SUZUKI a costa de vencer (4-0) na cita final á EDC Xinzo de Limia. Doce equipos participaron no torneo para un total de vinte e oito partidos ao logo de todo o sábado. Houbo moita igualadade no evento e cinco partidos tiveron que decidirse na tanda de penaltis.

Os pabellonistas, que pasaron con sufrimento á final, superaron con claridade no partido decisivo á EDC Xinzo de Limia na final nun choque que dominou de principio a fin. Xián (2), Sergio e Álvaro anotaron os goles branquiverdes.

Nas semifinais os pabellonistas eliminaran nos penaltis á UD Ourense despois de empatar no tempo regulamentario (2-2) e a EDC Xinzo fixo o mesmo coa ED Ourense (1-1). Os dous partidos estiveron cheos de emoción. Na consolación que xogaron UD Ourense e ED Ourense a vitoria foi para os unionistas (3-0).

A quinta praza foi para o Pabellón Promesas despois de superar á EF Lalín (2-0) que acabaría na sexta praza. Os do Deza leváronse o premio á Deportivade e Xián Lorenzo (Pabellón CF) o de Mellor Xogador. A nota negativa deuna a EDC Verín, que non se presentou ao partido da tarde para decidir os dos últimos postos contra o CDC Santa Teresita.

Para ver todos os resultados e o cadro final PINCHA AQUí.

 

O trofeo prebenxamín quedou nos Remedios