TORNEO CONSERVAS CALVO F11

Comeza o Torneo Alevín de Fútbol 11

Esta fin de semana comezará a disputa do XV Torneo Conservas Calvo Alevín na modalidade de Fútbol 11. Co formato habitual haberá dous grupos, norte e sur a unha soa volta, cunha ampla participación de equipos, entre os que figura o Pabellón Promesas.

Os campións de cada grupo enfrontaránse na final para decidir o campión e os segundos clasificados xogarán para decidir o terceiro e cuarto lugar. Estes dous partidos terán lugar no campo das Eiroas en Carballo. A duración dos partidos será de 70 minutos repartidos en dous tempos de 35.

Grupo Norte: Atlético Coruña Montañeros, CD Calasanz, Ural Español CF, ED Luis Calvo Sanz, San Tirso SD, Atlético Arteixo, Galicia de Caranza, Racing Ferrol, CD Lugo, Victoria CF, Xallas FC e RC Deportivo. VER CALENDARIO GRUPO NORTE.

Grupo Sur: Bertamiráns FC, ED Val Miñor, UD Santa Mariña, Escola Estrada FB, RC Celta, Pontevedra CF, Rápido Pereiró CF, ED Xuventude Oroso, Victoria FC, Club Rápido de Bouzas, CD Conxo Santiago e Pabellón Promesas. VER CALENDARIO GRUPO SUR

O Pabellón Promesas debutará o domingo (12 horas) no Miguel Ángel enfrontándose ao Rápido Pereiró pontevedrés.