Liga Galega Infantil

Fase de ascenso á División de Honra Infantil para o Promesas

O Pabellón Promesas do Grupo Sur Liga Galega infantil, clasificouse de forma matemática para disputar o playoff de ascenso á División de Honra, cando aínda restan dúas xornadas para que remate a competición. 

Os de Miguel Carballo, un equipo íntegro de primeiro ano, impuxéronse ao EDC Verín (3-0) nos Remedios para sumar 54 puntos ocupando o terceiro posto do Grupo Sur, donde xa está ascendido o AJ Lérez.

Dependendo de si é segundo ou terceiro na pugna co Porriño (56 puntos), cruzarse na primeira eliminatoria co segundo ou terceiro do Grupo Norte con catro equipos -Bertamiráns, Calasanz, Victoria e Racing Ferrol- loitando por un ascenso directo e as dúas prazas de promoción. 

Parabéns a todos!! 👏