A Escola pechou o curso con diplomas e medallas
A Escola de Iniciación ao Fútbol "López Iglesias", que contou con 72 alumnos, pechou este xoves o curso 2023-2024 nun acto que tivo lugar no campo de herba sintético Miguel Ángel-Os Remedios.
Os nen@s tiveron a oportunidade de disputar varios partidos entre os diferentes grupos de idade (2017-2018-2019) e posteriormente cada deportista recibiu un diploma e unha medalla pola súa participación neste curso.
O club estivo representado neste acto polo Presidente de Honra, Antonio Iglesias; o Presidente, Felipe Quintela, os directivos Javier Nogueira e Pablo Villar e o Director da Escola, Manuel Morgade.
O club agradece a confianza depositada neste club polos pais de alumnos, que asistiron á xornada nas bancadas do campo, para a iniciación formativa no ámbito deportivo dos nen@s.