El tiempo
jueves. 20.06.2024
El tiempo

TORNEOS

Tres equipos do club no IV Torneo MS2 Cup

Tres equipos do club participarán na fase final do IV Torneo Internacional MS2 Cup que organiza o exfutbolista vigués Míchel Salgado e que se desenvolverá de venres a domingo nas instalacións da Cidade Deportiva A Madroa e o campo do UVCD Candeán.

O Infantil "A" abrirá a participación este venres dentro dun grupo no que terá como rivais a Pontevedra CF, Ural-Español CF e Sporting Braga. Os partidos son en dous tempos de quince minutos. VER GRUPOS E CALENDARIO.

Para o sábado está prevista a presenza do Cadete "A" dentro dun grupo xunto a RC Celta, ED Val Miñor e Victoria CF. Os partidos son de dous tempos de vinte minutos. VER GRUPOS E CALENDARIO.

Finalmente, o Xuvenil "A" branquiverde entrará en acción o domingo. No seu grupo rivalizará co RC Deportivo, Gran Peña e CVC Valadares. Os partidos son de dous tempos de vinte minutos. VER GRUPOS E CALENDARIO.

 

Tres equipos do club no IV Torneo MS2 Cup