"Estamos a traballar na configuración do organigrama deportivo"
Unha vez finalizada a tempada charlamos con David Carnero, que ademáis de rematar a campaña como técnico do Xuvenil A, estrea o cargo de Secretario Técnico no club.
¿Qué nos podes contar de David Carnero?
Académicamente son Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Adestrador UEFA PRO, teño un Máster de Preparación Física en Fútbol outro de Adestramento e Dirección de Equipos de Fútbol, son Especialista Universitario en Análise do Xogo e Actualización Profesional do Adestrador-Analista e finalmente conto cun Máster en Big Data e Scouting Aplicado ao Fútbol.
No aspecto deportivo estiven en bastantes entidades deportivas como foron Egasa FS (A Coruña), Antela CF, CD Arenteiro, CD Ourense, Pabellón CF, UE Sant Andreu (Barcelona), Melita FC (Malta), Rápido de Bouzas, Burgos CF, CD Badajoz, EDC Xinzo. Tamén son Profesor da Escola Galega de Adestradores desde 2012 e colaborei con diferentes clubs profesionais e federacións Autonómicas e Nacionais de fútbol.
Desenvolviches no Pabellón a función de adestrador e agora estás a desempeñar a de Secretario Técnico. ¿É un cambio moi grande entre unha e outra función? e ¿cabe a posibilidade de que compatibilices ambas o próximo curso?
É unha función que xa levo desempeñando desde hai 16 anos cos clubs de base en Xinzo de Limia, tanto de fútbol como doutros deportes, e tamén axudando noutros clubs profesionais na organización das súas estruturas. Se existe a posibilidade de compatibilizar a función de Secretario Técnico e adestrador.
¿É un reto para ti?
É un gran reto xa que estamos a falar dun club que é un referente nacional no fútbol base e ademáis unha entidade deportiva coa que moita xente séntese identificada.
¿Cómo valoras a tempada do club que acaba de finalizar?
O tramo final da tempada foi moi bo, conseguindo os resultados formativos que o club quería ao comezo de campaña.
¿Supón un contratempo o descenso do primeiro equipo xuvenil?
Pois non é algo que queriamos, pero a situación é a que é e agora temos que tentar volver canto antes á máxima competición.
¿Optará o equipo ao ascenso a próxima campaña?
O equipo competirá a categoría e no tramo final da liga saberemos onde pode estar situado.
O club estaba inmerso na programación de diferentes actividades con motivo do seu 50 aniversario, ¿inflúe isto á hora de programar a próxima tempada?
Non inflúe xa que a próxima tempada lévase programando desde fai dous-tres meses e son dúas vías de organización diferentes.
¿En qué aspectos está a traballarse nestes momentos?
Agora mesmo estase traballando nos diferentes departamentos así como na configuración de organigrama técnico.
Finalizado o convenio coa ED Ourense, ¿qué xera esta situación?
Pois xera unha situación na que se ten que cambiar a folla de ruta que estaba proposta, modificando algúns parámetros da planificación.
¿Cómo lle gustaría a David Carnero que se identificase ao Pabellón?
Gustaríame que se identificara como un club cercano a todo o mundo no que se busca a formación integral do fubolista e que é un referente provincial.
¿Ves algún aspecto no que poda mellorar o club?
Sempre existen parámetros de mellora, a perfección é imposible polo que cando algo se fai ben sempre hai a posibilidade de facelo mellor.
¿A qué nivel está o Pabellón no plano deportivo?
No plano deportivo, excepto o xuvenil, o resto de equipos atópase nunha situación inmellorable xa que actualmente está en todas as competicións de máximo nivel do fútbol base.
¿Qué novidades teremos para a próxima campaña?
Entre as novidades máis importantes teremos a implantación dunha metodoloxía de traballo para as diferentes categorías, que será o punto de partida para a restructuración do club a longo prazo.
O club conta cunha Escola de Iniciación, é de esperar que a próxima tempada siga funcionando para seguir surtiendo aos equipos das categorías máis pequenas.
As escolas de iniciación seguirán funcionando como o levan facendo durante 22 anos, xa que é o pilar básico para que os nenos comecen a dar os seus primeiros pasos na súa traxectoria futbolística.
Acaba de ascender o equipo Senior a Primeira Galicia, ¿cómo valoras esta nova situación?
Pois é unha situación que axuda ao crecemento do futbolista, sendo unha vía máis de progresión para o xogador que non atope unha saída futbolística máis arriba.
¿Será complicado configurar un equipo para competir con garantías?
Confeccionar un equipo sempre é difícil, pero tentarase realizar una plantilla para non pasar apuros ao longo da tempada.