El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O equipo acumula oito partidos sumando

ja
O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil sumou un punto (0-0) coa EF Lalín no Manuel Anxo Cortizo, no partido que abría a segunda volta. Oito xornadas consecutivas leva sen perder o equipo branquiverde e ocupa zona de ascenso.

O equipo de Cándido Gómez fixo unha primeira metade na que levou totalmente a iniciativa contra un rival que apenas inquietaría a portería branquiverde. Neste periodo contabilizaríanse ata sete disparos sobre o marco local aínda que soamente un deles levaría perigo nun chut en posición forzada de Iago Varela que petaría no poste.

Na segunda parte o choque estivo máis aberto, aínda que os pabellonistas seguían levando a manixa do partido. O Lalín tería un par de accións de perigo nas contras e a o Pabellón faltouelle remate para rentabilizar un dominio que a medida que avanzaban os minutos incrementaríase, de maneira especial cando o técnico ourensán arriscou pasando ao central Iago Ribao á liña de ataque. Nesa fase houbo moitos balón ao área lalinense pero faltou un "Killer" para finalizar. Ver ficha técnica.

Con este empate o equipo segue na zona de ascenso empatado a puntos co Pontevedra. Ver clasificación. Na próxima xornada reciben nos Remedios ao Racing Vilalbés.

O equipo acumula oito partidos sumando