lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Empate do Xuvenil "A" cun bo Victoria (2-2)

Reparto de puntos (2-2) no campo de Os Remedios entre Xuvenil A e Victoria CF, nunha cita no que os nosos estiveron moi espesos durante gran parte dos noventa minutos. José Ramón e Osián, de penalti, anotaron os goles.

O Xuvenil A consegui rescatar un punto avanzada a segunda parte nun partido no que comezaría ben durante moitos minutos do primeiro acto. Nese tempo estivo mellor que o rival e froito de iso chegaría o gol de José Ramón á media hora de xogo. Osián e Victor tiveron boas ocasións para que a diferenza fose maior, pero o meta rival estivo moi acertado en ambas accións.

Cando parecía que se chegaría ao descanso con esa mínima renda local, os herculinos conseguirían igualar o choque. Un balón largo que tiña no que gañada a posición un defensor local foi roubado por un rival e o centro atrás foi desviado por Martínez pero o balón golepou no pé dun adversario entrando mansamente na meta pabellonista. Mala fortuna.

Acusou o golpe o Pabellón e parecía que o paso por vestiarios serviría para reorganizar a situación. Sen embargo, o Victoria saiu moi enchufado, presionando moito cada acción e levando á incomodidade aos branquiverdes, que nunca tiveron tempo para pensar e hilvanar xogadas de ataque. Nos primeiros minutos chegaría o segundo tanto dos herculinos (1-2) e isto, unido ao bo traballo na presión dos coruñeses, levou a accións de xogo directo nos locatarios nas que o rival estivo moi acertado.

Por fortuna, a nove minutos do final un inocente penalti permitiría que Osián conseguise o empate que resultou definitivo. Foi o único disparo á portería dos nosos en toda a segunda metade ao que hai que engadir algunhas faltas laterais que non xeraron perigo. Ao final e pese ao mal partido dos de Cándido Gómez, conseguiuse sumar un punto. Ver ficha técnica.

Despois deste resultado o equipo é cuarto na táboa clasificatoria ocupando o segundo posto de ascenso. Ver clasificación. Na próxima xornada visitan á UD Ourense no campo de Oira.

Empate do Xuvenil "A" cun bo Victoria (2-2)