Páxara do Xuvenil A no segundo tempo en Pontevedra
Derrota severa (4-1) do Pabellón no campo do Pontevedra no partido máis destacado da xornada da Liga Nacional Xuvenil entre os dous equipos que copan as dúas prazas de ascenso á División de Honra. Os granates, que viñan de encaixar dous reveses consecutivos, obteñen una vantaxe de cinco puntos (46) sobre os branquiverdes (41), de seis con respeto ao Val Miñor (40) e de sete co Choco (39).
O único positivo da fin de semana para os de David Carnero foron os resultados favorables para manterse na segunda praza de ascenso, despois dos empates da escuadra de Nigrán e da Redondelán, aos que aventaxa en un e dous puntos. Os branquiverdes deberán visitar próximanente a ambos conxuntos.
Dous tempos diferentes
Referente ao partido en Santa María de Xeve os pabellonistas estiveron ben na primeira metade e conseguiron adiantarse cun gol de Fernando ao fio da media hora de xogo. Houbo un par de ocasións para incrementar a renda pero non fructificaron, chegándose ao descanso co 0-1 no marcador.
Na segunda metade os granates sairon mellor e aos sete minutos, con dous tantos de Fernando e Ferchu nun espazo de dous minutos, xa estaban por diante no taboleiro.
O golpe foi moi forte para os branquiverdes, que viron como no ecuador deste segundo acto os pontevedreses anotaban o terceiro por medio de Sergio e dez minutos máis tarde Jairo, que entrara relevando a un compañeiro, colocaba o cuarto.
Na próxima xornada o Pabellón recibirá a visita do Racing de Ferrol no Miguel Ángel-Os Remedios. A escuadra departamental suma 35 puntos, seis menos que os ourensáns.
FICHA TÉCNICA
Pontevedra CF (4): Carlos, Adrián, Alexander, Balea, Alonso, Saúl, Sergio (Jairo, m.72), Canosa, Román (Mohamed, m.86), Ferchu (Hugo, m.86) e Raúl (David, m.63).
Pabellón CF (1): Bruno, Dámaso (Carracedo, m.82), Langa, Juan Pablo, Iago Outeririño (Amills, m.79), Saúl, Esteban, Sergio (Mociño, m.82), Justino, Fernando (Mauro Sabucedo, m.71) e Carlos (Unai, m.79).
Árbitro: Oliveira Dios, asistido nas bandas por González Caramés e Barreiro Viñas (Comité Galego-Pontevedra). Amonestou a Román (m.74) nos locais e a Carlos (m.74) e Amills (m.80) nos visitantes. Tamén viu cartón vermello Dámaso (m.90).
Goles: 0-1, m.27: Fernando. 1-1, m.50: Ferchu. 2-1, m.52: Román. 3-1, m.66: Sergio. 4-1, m.76: Jairo.
Incidencias: Partido da xornada vinte e dúas da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de Santa María de Xeve en Pontevedra.