DH INFANTIL / LG INFANTIL

Citas de alto nivel

O campo Miguel Ángel-Os Remedios acollerá este sábado dous partidos de alto nivel para o Pabellón CF da División de Honra e Pabellón Promesas da Liga Galega.

O primeiro deles (12 horas) disputará o choque de ida da semifinal do playoff polo título contra o RC Celta, que foi o primeiro clasificado na liga regular. No choque de competición ligueira os de Iván González forzaran un empate (4-4) nos Remedios e na Madroa os celestes foron superiores (6-0).

A escuadra céltica soamente perdeu un partido e empatou outro nas trinta xornadas disputadas e foron o conxunto máis anotador con 146 tantos e o que menos encaixou con 18. Na outra eliminatoria enfrontaránse Val Miñor e RC Deportivo.

Os pabellonistas empataron na liga nos Remedios contra o Celta

Mentres, os de Miguel Carballo, cun plantel íntegro de primeiro ano, afrontarán o choque de ida da eliminatoria de semifinais da fase de ascenso á División de Honra (18.30 horas) contra o CD Calasanz da Coruña, segundo clasificado do Grupo Norte empatado a puntos co Bertamiráns CF, que foi o que ascendeu directamente polo golaverage particular.

Os herculinos teñen un altísimo potencial ofensivo con 133 dianas anotadas, sendo o coxunto máis realizador do grupo. Tamén foron o equipo menos goleado con 27 tantos. Os xogadores Hugo Cotelo (45) e Diego De Santiago (30) suman 75 goles. No seu haber soamente hay dúas derrotas. A outra eliminatoria enfrenta ao Victoria CF da Coruña co Porriño Industrial.

O equipo branquiverde fixo unha gran tempada no Grupo Sur