O Seleccionador Galego Sub-14, Lalo Suárez, incluíu nunha nova convocatoria do equipo a tres xogadores do club para un adestramento que terá lugar o próximo mércores 11 de outubro en Boiro.
Será no campo de Valiño a partir das 17.30 horas, ante o equipo da EFM Concello de Boiro que milita na Liga Galega cadete norte.
Aldán Limia e Xoel Montecelo son os tres pabellonistas, da plantilla do Infantil "A" da División de Honra, que están citados nesa data ás 16.30 horas. Parabéns a ambos por esta convocatoria.
As Seleccións Galegas preparan a participación na primeira fase do Campionato de España que se disputará entre o 3 e o 5 de novembro. Os rivais dos nosos serán Canarias e País Vasco.