Fútbol 8-Primeira Prebenxamín

Deseñada a segunda fase da Primeira Prebenxamín

Pabellón CF e Pabellón Promesas xogarán por diferentes vías na fase final da Primeira Galicia Prebenxamín unha vez rematada a primeira parte da competición nos dous grupos.

Os de Adilson Augusto accederon á loita polo título, con dúas prazas para a Fase Galega Sur, e os de Jack Pereira entrarán no Torneo Delegación.

Oito equipos conpoñen o grupo polo campionato: Pabellón CF, EDC Verín, EDC Xinzo e EDC Celanova, procedentes do Grupo B, e CP Calasancio, UD Ourense, ED Ourense e AD Bosco, clasificados dende o Grupo A.

En canto ao Pabellón Promesas, terá como rivais a CD Arenteiro, ED Barbadás B e ED Terras de Maside, os catro chegados do Grupo A, e CDC Santa Teresita, CD Allariz e Ourense CF, dende o Grupo B.

Ambas competicións arrancarán a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro do 2023 cun sistema de liga a dobre volta.