El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

O dianteiro Rafita "Kun", primeiro reforzo para o Senior

O Pabellón CF e Raymond Raphael Ugarte Falcones (Ecuador, 1985), máis coñecido como Rafita Kun “Chino”, acordaron a incorporación do xogador á disciplina do equipo Senior que milita no Grupo 4º da Primeira Galicia ata o final de tempada.

O veterano atacante chega á entidade blanquiverde pola amizade que lle une a Cristian Rodríguez “Pancho”, que vén desempeñando a función de adestrador-xogador xunto a David Valderas despois de que ambos se fixeran cargo do equipo fai dúas semanas.

Longa traxectoria

O Silva SD de Terceira RFEF foi o último club de Rafita “Kun” nesta mesma tempada. Tras militar anteriormente no Águilas de Segunda División B, recalou en terras galegas da man do extinto CD Ourense na tempada 2009-2010.

Posteriormente defendeu as cores do Órdenes, Racing Villalbés, UD Barbadás, Alondras CF, CD Ribadumia e SD Bande. O futbolista ocupa a posición de dianteiro, aínda que tamén xogou na posición de lateral esquerdo tanto no Ribadumia como no Barbadás.

O domingo xa estará dispoñible para recibir ao Seixalbo no campo dos Remedios. Esta é a primeira das incorporacións que van chegar ao equipo para tratar de reconducir a súa situación deportiva.

O dianteiro Rafita "Kun", primeiro reforzo para o Senior