El tiempo
martes. 30.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL

Os dezaseis equipos da Liga Galega Infantil Sur

O Grupo 2º da Liga Galega Infantil (Sur), na que estará o Pabellón Promesas, volverá a ter dezaseis equipos para esta tempada 2023-2024, os mesmos que na anterior. 

No pasado curso ascendeu á División de Honra o AJ Lérez e descenderon tres equipos. A categoría non se viu afectada por arrastres.

Deste xeito repiten participación: Porriño Industrial, Pabellón Promesas, Ourense CF, CD Choco, ACD A Seca, CD Moaña, EF Val Miñor "B", Atético Cuntis, Pontevedra CF, EFB Barbadás, Colegio Hogar SR, UD Ourense e Arosa SC "B".

As tres novas incrporacións como campións por cada unha das delegación sur foron tres: RC Celta "B" (Vigo), Salgueiriños CF (Pontevedra) e EDC Xinzo de Limia (Ourense).

A competición comezará a fin de semana do 16 e 17 de setembro co mesmo sistema de competición que na pasada tempada, é dicir, o campión ascendería directamente á División de Honra mentres o 2º e 3º disputarán unha promoción de ascenso cos mesmos clasificados do Norte para unha praza de ascenso.

Os dezaseis equipos da Liga Galega Infantil Sur