Os dezaseis equipos da División de Honra Infantil 23-24
A División de Honra Infantil, que volverá a ter representación branquiverde, cumprirá a segunda tempada activa nesta 2023-2024 despois da posta en marcha por primeira vez na pasada con dezaseis equipos.
Ese número será o mesmo que terá no presente curso no que a primeira xornada está marcada para o 17 de setembro, pendente de aprobación na Asemblea da RFGF.
Da pasada campaña mantiveron a categoría: RC Celta, RC Deportivo, ED Val Miñor, Pabellón CF, Ural-Español CF, Arosa SC, CD Areosa, SD San Tirso, EF Portero 2000, CD Conxo Santiago, EFB Denis Suárez, UD Santa Mariña e CD Lugo.
Como equipos novos despois de conseguir o ascenso como campións de grupo están: Bertmiráns FC (Norte) e AJ Lérez (Sur), ao tempo que dende a promoción de ascenso incorporouse o Victoria CF.
Se non hai novidades os catro primeiros xogarán o playoff polo título e os tres últimos descenderán á Liga Galega.