Os dezaoito equipos da Liga Galega Xuvenil Sur
A Liga Galega Xuvenil Grupo 2º (Sur), onde estará o Pabellón "B", xa ten os dezaoito equipos que competirán na campaña 2023-2024. Dous menos que a pasada tempada despois de axustar a categoría con máis descensos dos habituais.
Non houbo arrastres da Liga Nacional Xuvenil polo que os novos equipos proceden todos eles da Primeira Autonómica das delegacións de Vigo (EFB Denis Suárez) Ourense (CP Calasancio) e Pontevedra (Céltiga FC).
É máis, un fallo na elaboración da Circular nº 13 da RFGF da pasada tempada, da que deu coñecemento este club, obrigou a incorporar un equipo procedente das fases de ascenso da Primeira Autonómica para evitar que o Grupo 2º quedase con dezasete equipos xa que ao non haber arrastres non se podía correxir por esa vía como sí sucedeu no Grupo 1º (Norte) evitando o descenso por arrastre a SD Residencia de Lugo.
O beneficiado foi o Marín CF según señala a Resolución do Comité de Competición e Disciplina da RFGF sobre a clasificación final da Liga Galega Xuvenil.
Composición do Grupo 2º (Sur): Gondomar FB, Arosa SC "B", UD Santa Mariña, CD Areosa, Cented Academy, ED Val Miñor "B", EDC Verín, Ourense CF, Club Rápido de Bouzas, Salgueiriños CF, CP Alertanavia, SD Monteporreiro, Colegio Hogar SR, Pabellón CF "B", EFB Denis Suárez, CP Calasancio, Céltiga FC e Marín CF.