Así queda a División de Honra Cadete 23-24
A División de Honra Cadete, na que novamente estaremos representados, volverá a contar con dezaoito equipos na tempada 2023-2024 despois do reaxuste do pasado curso, nos que contaba con once conxuntos e no que houbo cinco descensos e soamente tres ascensos para rebaixar a categoría en dous equipos posto que contaba con vinte.
Quince escuadras repetirán con respecto ao pasado curso: RC Deportivo, RC Celta, Racing Ferrol, Arosa SC, CD Lugo, CD Conxo Santiago, ED Xuventude Oroso, Pabellón CF, Coruxo FC, SD San Tirso, Ural-Español CF, ED Val Miñor, CD Areosa, Rápido de Bouzas e Victoria CF.
Mentres, como campións de grupo ascenderon Atlético Coruña Montañeros (Norte) e Salgueiriños CF (Sur), ao tempo que que o gañador da promoción foi a UD Ourense. Para esta campaña descenderán os catro últimos clasificados.