Descenso matemático para o Senior
A derrota (4-0) do Pabellón no campo do Nogueira, unido a outros resultados, certificaron o descenso matemático do equipo á Segunda Galicia a falta de tres xornadas para que remate a competición e cunha racha de once partidos sen gañar.
Os branquiverdes, moi mermados de efectivos, aguantaron ben a primeira metade encaixando o primeiro gol nos instantes finais obra de Puime.
Na segunda metade con segundo tanto local aos tres minutos por medio de Oliver, as cousas quedaron moi claras para o Nogueira, que no resto do partido incrementaría a vantaxe con dúas dianas máis en accións de Oliver e David Almeida.
FICHA TÉCNICA
SD Nogueira (4): Borja, Pablo, Carlos, Hugo, Pablo Hermida, Oliver, Brian, Puime (David Almeida, m.74), Andrés, Lois e Brais.
Pabellón CF (0): Julián, Rober, David, Sergio, Langa, Mauro, Cacha, Machaca, Pancho, Numan e Caseiro.
Árbitro: Casas Blanco, asistido en las bandas por Alonso Blanco e Lamelas Belmonte (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Julián (m.60) nos visitantes e a Pablo Hermida (m.70) nos locais.
Goles: 1-0, m.44: Puime. 2-0, m.50: Oliver. 3-0, m.62: Oliver. 4-0, m.89: David Almeida.
Incidencias: Partido da xornada trinta e unha da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo de A Telle en Luintra-Nogueira de Ramuin.