El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Dura derrota do Senior contra un rival que foi superior

Dura e dolorosa derrota (5-0) do Pabellón no campo do Cartelle dentro da Primeira Galicia que eleva a seis as xornadas que levan os branquiverdes sen coñecer a vitoria.

Os locatarios liquidaron o partido en cinco minutos da primeira metade para situar un 3-0 no marcador cun dobrete de Gregorio, o primeiro de penalti, e un tanto de Chimpín. Nestes primeiros corenta e cinco minutos os branquiverdes apenas tiveron un par de ocasións.

Segundo tempo

No segundo tempo o Cartelle ampliaría rápidamente distancias cunha cuarta diana nos primeiros compases da reanudación por medio de Chimpín cunha vaselina dende lonxe e Sergi anotaría o quinto pouco despois. Co choque totalmente pechado un par de disparos de Juan Pablo foi o balance ofensivo dos pabellonistas.

Despois desta derrota o equipo é antepenúltimo na táboa con 20 puntos, a tan só un da zona de permanencia que marca o Atlético Vilariño. Na próxima xornada o equipo ten un duro rival coa visita do Allariz ao campo dos Remedios.

FICHA TÉCNICA

ACD Cartelle (5): Iván, Roberto, Tractor, Peru, Japter (Marco, m.51), Omar, Riki (Esteban, m.59), Quintana (Shaiel, m.70), Chimpín (Hugo, m.71), Gregorio (Akere, m.83) e Sergi.

Pabellón CF (0): Bruno, Sergio, Cabrera, David (Araújo, m.52), Álvaro, Dámaso (Carid, m.67), Machaca, Marcos, Pancho (Langa, m.50), Numan (Joel, m.67) e Juan Pablo.

Árbitro: González Castro, asistido nas bandas por Pérez Prada e Iglesias Rodríguez (Comité Galego-Ourense).

Goles: 1-0, m.30: Gregorio, de penalti. 2-0, m.31: Gregorio. 3-0, m.35: Chimpín. 4-0, m.48: Chimpín. 5-0, m.52: Sergi.

Incidencias: Partido da xornada vinte e seis da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Pau Rañado en Cartelle. 

Dura derrota do Senior contra un rival que foi superior