Derrota do Xuvenil A en territorio celeste
A visita do Pabellón as instalacións de A Madroa saldouse cunha derrota (3-1) cun Celta B que busca o título da categoría na súa loita particular co Deportivo B.
Os branquiverdes nada tiñan en xogo pero deron a cara ata os minutos finais nos que o cadro celeste pechou o partido ao anotar o terceiro tanto por medio de Xaquín.
Antes, na primeira metade, os locatarios tomaran vantaxe no marcador ao borde do cuarto de hora de xogo nunha acción culminada por Jonathan, chegándose ao descanso co 1-0 que figuraba no marcador.
Segundo tempo
Na reanudación os vigueses incrementaría a rendo co segundo tanto obra de Miguel, o máximo goleador da categoría, e como sucedera no primeiro acto antes de cumprirse o cuarto de hora.
Sen embargo, pouco despois os pabellonistas conseguirían meterse no partido ao recortar distancias Esteban. A partir de ahí o enfrontamento estivo aberto e foron os celestes quenes acertarían a escasos minutos do final para o definitivo 3-1.
FICHA TÉCNICA
RC Celta B (3): Asier, Pablo Gavián, Noel, Xaquín, Arufe (Andrés, m.88), Hugo Burcio, Álex García (Hugo Busto, m.46), Antañón (Hugo Fernández, m.88), Miguel, Lucas (Nicolás, m.69) e Jonathan (Amet, m.46).
Pabellón CF (1): Bruno, Carracedo (Machaca, m.58), Manuel (Juan Pablo, m.46), Dámaso, Iago Outeiriño (Unai, m.69), Saúl, Esteban, Mociño (Aarón, m.69), Sergio (Mauro, m.58) , Justino e Fernando.
Árbitro: Extremadura Hernández, asistido nas bandas por Fragueiro Bautista e Costas Rodal (Comité Galego-Vigo). Amonestou a Juan Pablo (m.68) no visitantes.
Goles: 1-0, m.13: Jonathan. 2-0, m.57: Miguel. 2-1, m.65: Esteban. 3-1, m.87: Xaquín.
Incidencias: Partido da penúltima xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Instalacións da Cidade Deportiva A Madroa en Vigo.