Derrota do Xuvenil A contra un rival moi necesitado
O Pabellón caeu (3-0) no campo do Porriño Industrial na Liga Nacional Xuvenil, nun partido no que o cadro local se xogaba moito. Un gol de Marcos a un minuto do descanso permitiu que o equipo porriñés se fose ao descanso con vantaxe no marcador.
Na segunda metade os branquiverdes buscaron revertir a situación pero no treito final foron novamente os locatarios quenes sacaron rendemento ofensivamente ao marcar Hugo o segundo tanto. Xa co partido prácticamente rematado chegaría o terceiro do Porriño nun remate de Jorge.
Na próxima xornada o Pabellón, sexto na táboa clasificatoria, recibe no Miguel Ángel-Os Remedios ao Ural-Español B, equipo xa descendido polo arrastre do seu primeiro equipo da División de Honra.
FICHA TÉCNICA
Porriño Industrial (3): Davila, Sergio (Jorge, m.86), Adrián, Marcos (Hugo, m.58), Nacho, Izan (Joel, m.86), Iker, Brais, Iago Nóvoa, Abraham (Borja, m.58) e Pedro (Loureiro, m.68).
Pabellón CF (0): Bruno, Dámaso, Manuel, Juan Pablo, Iago Outeiriño, Saú (Justino, m.75), Esteban (Mociño, m.68), Machaca, Aarón (Segio, m.68), Fernando (Carlos, m.58) e Amills.
Árbitro: Mosquera Goce, asistido nas bandas por Cerqueira Bastos e Fernández Pedrera (Comité Galego-Vigo). Amonestou a Manuel (m.84), Bruno (m.84), Juan Pablo (m.85) e Carlos (m.89) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.44: Marcos. 2-0, m.82: Hugo. 3-0, m.90: Jorge.
Incidencias: Partido da xornada trinta e unha da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de O Lourambal 2 en Porriño.