El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

1ª AUTONÓMICA XUVENIL-PLAY OFF

Foi superado por un Seixalbo mellor (4-0)

P1960979

Derrota ampla e xusta do Pabellón "C" no Carqueixal diante dun Seixalbo que foi superior durante gran parte do partido (4-0).

Un gol a falta dun minuto para o descanso abriría o camiño do triunfo para os locatarios, que á volta de vestiarios despois do descanso incrementarían a vantaxe co segundo gol aos dous minutos, para deixar encarrilado o choque cun terceiro tanto cinco minutos despois por medio dun penalti.

Posteriormente chegaría o cuarto e definitivo. Os pabellonistas, que tiveron un mal día, apenas levaron perigo á meta local durante os noventa minutos de xogo. Ver ficha técnica

O equipo ocupa a sétima praza do Play Off con 16 puntos a cinco xornadas do final desta competición. Ver clasificación.

Foi superado por un Seixalbo mellor (4-0)