Lunes. 25.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 25.03.2019
El tiempo

LIGA GALEGA XUVENIL

Caeu cun Portonovo hermético (0-1)

O Pabellón "B" caeu no campo de Os Remedios (0-1) contra un Portonovo que marcaria o tanto que lle deu a vitoria aos vinte minutos da primeira metade, nunha fase na que os de Anxo Valcárcel tiveron un par de ocasións para situarse por diante no marcador ante do tanto dos visitantes, a máis clara unha de Janfry que desviou con apuros o meta pontevedrés. Posteriormente, José Ramón tivo nas súas botas a posibilidade do empate pero o seu disparo cara a cara co porteiro rival saiu desviado.

Na segunda metade o Portonovo mantería o seu "catenaccio" para manter a renda que tiña e intentar sorprender á contra. Mentres, os pabellonistas apenas atoparon hocos para crear ocasións de gol e así transcurriron os minutos ata o pitido final. A derrota cortou unha racha de dez xornadas consecutivas sumando.

Caeu cun Portonovo hermético (0-1)