El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA GALEGA XUVENIL

O AJ Lérez remontou o gol dos nosos (2-1)

Xuvenil B

Derrota do Pabellón "B" na Liga Galega Xuvenil na cita disputada no campo de Monteporreiro contra o AJ Lérez despois de que os nosos marcaran primeiro (2-1).

Un gol de José Ramón aos seis minutos, de penalti, permitiu que os de Anxo Valcárcel se marchasen ao descanso con vantaxe mínima (0-1). Na reanudación os pontevedreses igualarían o partido cunha pena máxima e no desconto chegaría o segundo (2-1) dos locatarios que acabarían sumando os tres puntos. Ver ficha técnica.

A derrota contra un rival co que estabamos igualados na táboa deixa aos nosos en solitario na quinta praza con 44 puntos. Ver clasificación.

O AJ Lérez remontou o gol dos nosos (2-1)