Liga Nacional Xuvenil

Final cruel para o Xuvenil "B" co Alondras ao caer na última xogada do partido

Derrota do Pabellón "B" co Alondras nos Remedios no último partido como local na Liga Nacional Xuvenil. Os de Guillermo García marcaron no primeiro minuto e os cangueses gañaron na última xogada do partido: 2-3

Partido entre dous equipos que non se xogaban nada, pero que demostraron que querían gañar. A primeira parte, a pesar de adiantarnos no marcador no minuto inicial, os nosos non atoparon unha posición que lles permitise estar cómodos.

Dominou o Alondras, aínda que sen ocasións claras, e tentamos pechar o partido ao contragolpe. Cando parecía que se chegaría ao descanso co 1-0, un centro-chut envelenouse e acabou dentro da rede da portería local para o 1-1.

Segundo tempo

A volta de vestiarios, cos cambios nos pabellonistas de Amills e Raúl, e un reaxuste táctico, o encontro estivo equilibrado. Cando estabamos no noso mellor momento, unha xogada desafortunada acabou no 1-2.

O Pabellón seguiu metido no partido, obtendo o empate, e cando parecía que podían remontar, con tres ocasións moi claras, os visitantes gañaron na última xogada do partido. Mesmo resultado e mesmo desenlace que na primeira volta.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF "B" (2): Edgar, Dámaso, Manuel, Marcos, Unai, Aarón (Raúl, m.46), Iago Outeiriño (David, m.75), Sergio, Gabriel Outeiriño, Peke (Amills, m.46) e Fernando (Saúl, m.75).

Alondras CF (3): José, Iván, Estévez (Xabier, m.77), Diego, Antón, Leonardo (Iker, m.65), Martín (Breixo, m.82), Samuel, Lope, Raúl e Brais.

Árbitro: Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Fernández Otero e Alonso Sánchez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Manuel (m.37) nos locais e a Iván (m.60) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.1: Gabriel Outeiriño. 1-1, m.43: Samuel. 1-2, m.70: Martín. 2-2, m.78: Raúl. 2-3, m.90: Breixo.

Incidencias: Partido da trixesimoterceira xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Municipal Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.