El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Os nosos descenden á Liga Galega polo efecto arrastre do primero equipo

Juvenil B
Juvenil B
O partido estivo condicionado por unha calor sufocante que esixiu un gran esforzo aos dous equipos. O Arousa viña xogándose o ascenso, levou o peso do partido e fíxose cos tres puntos. Os nosos descenden á Liga Galega como consecuencia do arrastre do primero equipo: 0-1

Os de Vilagarcía, na loita por dar o salto á División de Honra, tiveron na primeira parte tres boas ocasións, pero Edgar estivo soberbio. Na segunda metade os pabellonistas estiveron mellor defensivamente  pero os visitantes petaron un balón no pau e Edgar fixo dúas grandes paradas. 

A partir do minuto vinte da reanudación o partido equilibrouse. Os nosos aguantaron estoicamente e cun descomunal o esforzo, houbo dúas ocasións e a dez para o final Peque tivo un man a man co porteiro totalmente só.

Cando parecía co partido remataría sen goles, un rexeite dun córner aproveitouno o rival para anotar o 0-1. O Pabellón no se rendiu e acabou morrendo na área visitante.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF “B” (0): Edgar, Carracedo (Peke, m.40), Unai (Rubén, m.73), Pablo, Juan Pablo, Dámaso, Aarón, Fernando, Marcos, Sergio e Gabriel Outeiriño (David, m.65).

Arousa SC (1): David Conde, Cores, Miguel (David Garabán, m.71), Gabriel, Fernando, Trillo, Sergio (Adrián, m.75), Daniel, Álex Buceta (Raúl, m.75), Hugo Villaverde e Hugo Losada (Rubén, m.90).

Árbitro: Estévez Blanco (Comité Gallego-Ourense). Amonestou a Marcos (m.22) e Aaron (m.89) nos locais.

Goles: 0-1, m.86: Raúl..

Incidencias: Partido da trixesimoprimera xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Municipal Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Os nosos descenden á Liga Galega polo efecto arrastre do primero...