El tiempo
martes. 23.04.2024
El tiempo

Derrota do Xuvenil "A" ao encaixar dous goles no último minuto co Ural

O Xuvenil "A" pechou a última xornada na División de Honra cunha derrota en terras herculinas ante o Ural. Os coruñeses acabaron remontando no último minuto o gol de Amills mediada a segunda metade: 2-1

O partido era intrascendente xa que non había nada máis en xogo que os tres puntos, posto que os locatarios xa tiñan gañada a permanencia fai dúas semanas, as que levaba descendido o noso equipo.

Non houbo goles nos primeros corenta e cinco minutos e na seguna metade Amills adiantaría aos nosos ao culiminar unha contra. Tivo ocasións o equipo de David Carnero para pechar o partido, pero non definiron esas accións e cando parecía que os pabellonistas se levarían a victoria, chegarían dous tantos coruñeses no último minuto para que o rival lle dese a volta ao partido.

FICHA TÉCNICA

Ural Español CF (2): Adri Castro, Víctor, Miguel Gómez, Dopico (Iván Díez, m.55), Coba, Cagiao, Jaime (Iraitz, m.46), Clouston, Pablo, Iván Calvo e Lucas (Bruno, m.69).

Pabellón CF (1): Bruno (Edgar, m.60), Izan, Langa, Manuel (Tumbeiro, m.60), Iago Outeiriño, Justino, Esteban, Parrilla (Viso, m.30) (Iker, m.60), Hugo, Carlos (Adrián, m.46) e Amills.

Árbitro: Méndez Castro, asistido nas bandas por Rosende Cancela e Bermúdez Español (Comité Galego). Amonestou a Pablo (m.34) nos locais e a Amills (m.64) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.64: Amills. 1-1, m.89: Iraitz. 2-1, m.90: Pablo.

Incidencias: Última xornada do Grupo 1º de la División de Honor Juvenil. Campo Rodrigo García Vizoso-A Grela na Coruña.

Derrota do Xuvenil "A" ao encaixar dous goles no último minuto co Ural