El tiempo
jueves. 02.05.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

Derrota do Senior ante un rival máis feito

Debutou con mal pé na Segunda Galicia o Pabellón ao caer (0-1) nos Remedios contra o Viana. Os visitantes, que nas dúas anteriores tempadas loitaron polo ascendo á Primeira Galicia, foron mellores durante prácticamente todo o partido.

Esa superioridade foi clara nos primeiros corenta e cinco minutos, fase na que chegaría o único tanto que acabaría decidindo o choque. O gol obra de Facundo chegaría como consecuencia dunha acción a balón parado a falta de catro minutos para o descanso.

Segundo tempo

Na segunda metade as forza fóronse equilibrando a medida que pasaban os minutos. Nos últimos quince os pabellonistas, en fase de construción, quixeron pero non puideron, gozando dun par de accións para acercarse ao empate, nunha delas o meta vianés Aarón evitouno cunha boa parada.

Finalmente, os puntos voaron e na próxima xornada os branquiverdes visitan ao Tabodela, que tamén perdeu nesta xornada en Allariz, no Outeiro do Miogo.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (0): Nacho, Rober, Miguel Ángel, Berni, Iago, Aldán, Sergio, Diego, Marcos (Iago Nieto, m.61), Madrigal (Luis, m.61) e Dani (Mael, m.8).

CD Viana (1): Aarón, Jesús, Prieto, Diego, Marcos, Facundo (Xurxo, m.58), Iván (Alexis, m.78), Héctor González, Rábano (Alexandre, m.51), Pablito e Héctor García (Óscar, m.78).

Árbitro: Diego Otero Varela (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Berni (m.87) nos locais, que tamén sufriron a expulsíon por dobre cartulia amarela do seu adestrador Toño Sanmartín (m.67 e m.73). Diego (m.52), Héctor García (m.75) e Alexis (m.90) foron amonestados nos visitantes.

Gol: 0-1, m.41: Facundo.

Incidencias: Partido da primeira xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Derrota do Senior ante un rival máis feito