El tiempo
sábado. 27.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Derrota do Senior co Seixalbo nun partido con pouco bagaxe ofensivo

Non puido sumar nada o Pabellón na súa visita ao campo do Carqueixal na segunda xornada da Primeira Galicia para enfrentarse a o compañeiro de viaxe no ascenso a finais da pasada tempada. Nun campo de terra á antiga usanza os locatarios souberon desenvolverse mellor. 

Aínda que o partido se discurriu durante moitos minutos no campo local cunha maior posesión de balón visitante, foi o equipo anfitrión quen dispuxo das mellores oportunidades no cómputo total.

Catro minutos fatídicos

Na primeira metade apenas houbo perigo por ambas parte e a catro minutos para o descanso o Seixalbo conseguiria dous goles que foron unha renda decisiva.

O primeiro tras roubar nunha saída de balón dende atrás que acabou nos pés de Borja para batir a Julián. O segundo foi nun obús de José Javier sen opción para Julián e inmediatamente o colexiado decretaba o final da primeira metade.

Segundo tempo

Na volta de vestiarios os branquiverdes sairon á búsqueda dun gol que os metese no partido, pero pese ao maior control do balón dos de Luis Parada non houbo opcións en ataque e as contras locatarias levaban moito perigo.

A oportunidade máis clara dos pabellonistas chegaría nun disparo de Antón que obrigou a empregarse a fondo ao meta Alberto. Xa co partido prácticamente finalizado, Ángel anotaría o terceiro tanto do Seixalbo. Na próxima xornada o Pabellón recibe nos Remedios a visita do CDC Santa Teresita.

FICHA TÉCNICA

CD Seixalbo (3): Alberto, Borja, Toni (David, m.82), Anouar, Caballero (Ángel, m.53), Adrián, Diego, Sanmiguel, Pablo, José Javier e Julio Andrés (Alexandre, m.78).

Pabellón CF (0): Julián, Aldán (Antón, m.70), Araújo, Álvaro, Iván (Cachaldora, m.73), Rober (Berni, m.82), Pablo Gil (Sergio, m.73), Langa, Marcos, Numan (Pancho, m.62) e Amills.

Árbitro: Casas Blanco, asistido en las bandas por Boimorto Blanco e Álvarez Maya (Comité Galego-Ourense). Amonestou a José Javier (m.20) nos locaís e a Pablo Gi (m.33) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.41: Borja. 2-0, m.44: José Javier. 3-0, m.89: Ángel.

Incidencias: Partido da segunda xornada da Primeira Galicia. Campo de O Crqueixal en Seixalbo.

Derrota do Senior co Seixalbo nun partido con pouco bagaxe ofensivo