El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O derbi local foi para os branquiverdes

Dous goles na segunda metade deron a vitoria (2-0) ao Pabellón sobre a UD Ourense no derbi local da Liga Nacional Xuvenil disputado no Miguel Ángel-Os Remedios.

O partido comezaría cunha presión alta dos visitantes que impedía maniobrar con facilidade aos branquiverdes, que apenas atopaban hocos na liña defesniva rival. Así pasaron os minutos ata que chegou a expulsión do meta visitante Edgar por unha dura entrada a Justino nunha acción clara de gol.

Cun home menos os vermellos retrocederon campo e os pabellonistas incrementaron a posesión de balón, non sen antes sufrir un par de sustos, pasando a pisar máis o área rival cun par de accións perigosas. Co marcador intacto chegaríase ao descanso.

Segundo tempo

Na segunda metade o partido rompeuse co primeiro tanto local  (58´) ao aproveitar Carlos u rexite no área pequena de Nacho. A partir de ahí os branquiverdes estiveron máis cómodos e soltos tratando de buscar o segundo, pero os visitantes tamén crearon varias accións de perigo nas contras.

Un bonito gol de Saúl, o mellor sobre o terreo de xogo, elevaría a diferenza no marcador (72´) co 2-0 ante rival que levaba minutos acusando o esforzo. Amills tivo o terceiro pero o seu remate foise fóra. Ao final os tres puntos quedaron na casa. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Porriño Industrial no Lourambal.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Bruno, Dámaso, Juan Pablo, Manu (Unai, m.72), Iago Outeiriño, Justino (Machaca, m.72), Esteban, Mociño (Amills, m.61), Sergio (Mauro, m.61), Saúl e Carlos (Aarón, m.61).

UD Ourense (0): Edgar, Álex, Gabriel, Carballude, Borrajo, Izan (Isay, m.71), Héctor (Hugo Viso, m.60), Raúl, Iker Baltar (Adrián, m.71), Amanuel (Nacho, m.23) e Carlos.

Árbitro: Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Rodicio González e Rodríguez Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Carballude (m.44) nos visitantes e tamén expulsou ao porteiro unionista Edgar con cartón vermello directo (m.23).

Goles: 1-0, m.58: Carlos. 2-0, m.72: Saúl.

Incidencias: Partido da xornada trinta da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

O derbi local foi para os branquiverdes