Definida a segunda fase na Liga Prebenxamín

A primeira fase da 1ª Futgal Prebenxamín de Fútbol 8 baixou o telón este fin de semana no Grupo 2, unha máis tarde despois de que fixera o propio o Grupo 1. Con ambos concluídos, quedaron xa definidos os tres bloques que conformarán a segunda fase do campionato, que se disputará a dobre volta.

No Grupo A1, que pelexará polo título e polas dúas prazas en xogo para a fase galega sur, competirán os seguintes conxuntos: CP Calasancio, UD Ourense, CD A Purísima, EDC Barbadás, Pabellón CF, EDC Xinzo e EDC Celanova, neste caso como mellor cuarto por coeficiente.

Pola súa parte, o Grupo A2 estará formado por Ourense CF, CF Monforte, CD Arenteiro, AD Bosco, EDO Blanco Amor, CD Velle e EDC Verín.

Finalmente, o Grupo A3 quedará composto por Pabellón Promesas, ED Terras de Maside, EDC Barbadás B, Rayo 21 CF, CP Calasancio B, CF Monforte B e CD Allariz.

A previsión é que esta segunda fase arrinque a fin de semana do 20 e 21 de decembro, xa que a vindeira estará reservada para a disputa dunha eliminatoria da Copa Deputación.