viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

DAVID RAMOS CONTARÁ COMO AXUDANTE CON ALEJANDRO DOMÍNGUEZ

David Ramos adestrará ao equipo de Liga Galega Infantil do Pabellón EDO

David Ramos será o encargado de adestrar ao equipo de Liga Galega Infantil do Pabellón EDO na tempada 2020-2021. Terá como axudante a Alejandro Domínguez.

José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de David Ramos na dirección do noso equipo Infantil “A” do Pabellón EDO, que este ano participará na Liga Galega Infantil Grupo Sur. Terá como axudante a Alejandro Domínguez.

David Ramos posee o título de Tafad e o título Uefa “B”. Leva na Escola Deportiva Ourense seis anos, adestrando en distintas categorías. Tamén adestrou a equipos de categoría Senior como: A Peroxa C.F. “B” e Carballeira C.F.

Nestes anos tamén adestrou a equipos de Fútbol Sala da Escola Deportiva Ourense.

Como xogador formouse nas categorías base do C.D. Ourense e en categoría Senior xogou no Soutopenedo C.F., C.D. Rocas e Carballeira C.F. Tamén xogou un ano na Preferente Galicia de Fútbol Sala no equipo EDO-Sala Ourense.

“Caracterízome por ser positivo, empático e proactivo. A miña idea é que un equipo unido sempre intenta non fallar. Non importa, volve intentalo. Falla outra vez, pero falla mellor.”

David Ramos adestrará ao equipo de Liga Galega Infantil do...