El tiempo
miércoles. 01.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Correctivo para o Xuvenil A na súa visita ao Deportivo B en Abegondo

Segunda derrota consecutiva a domicilio do Pabellón na Liga Nacional Xuvenil e segunda ocasión na que o equipo non foi capaz de anotar no que vai de tempada.

Ao fio do ecuador do primeiro tempo os deportivistas tomarían vantaxe no marcador chegándose ao descanso con esa derrota mínima. No segundo tempo, despois de que os técnico ourensán introducise un par de trocos, as cousas puxéronse aínda peor cando aos cinco minutos os herculinos anotaron o segundo tanto.

Os branquiverdes intentaron meterse no partido na búsqueda dun gol, pero foron novamente os locatarios quenes pecharían o enfrontamento cunha terceira diana a falta duns vinte minutos para o final, deixando un resto de partido sen novidades e co 3-0 final.

Despois desta derrota o Pabellón é cuarto clasificado, ocupando a segunda praza de ascenso, cos mesmos puntos (22) que Choco e Val Miñor. Na próxima xornada os branquiverdes visitan á UD Ourense no campo de Albán en Coles nun derbi capitalino.

FICHA TÉCNICA

RC Deportivo B (3): Román, Álvaro, Pablo, Martiño, Carlos, Daniel Estévez (Javier, m.77), Guerrero, Samuel (Ferreiro, m.59), David Domínguez (Jacobo, m.77), Zoe (Noé, m.67) e Hugo Torres (Brian, m.77).

Pabellón CF (0): Bruno, Carracedo (Amills, m.46), Juan Pablo, Manu, Iago Outeiriño, Dámaso, Esteban (Mociño, m.70), Sergio (Aarón, m.62), Justino, Saúl (Fernando, m.46) e Carlos (Mauro, m.70).

Árbitro: Rodríguez Penas, asistido nas bandas por González Vázquez e Vázquez Padín (Comité Galego-A Coruña).

Goles: 1-0, m.21: David. 2-0, m.50: Hugo Torres. 3-0, m.71: Guerrero.

Incidencias: Partido da duodécima xornada da Liga Nacional Xuvenil. Ciudad Deportiva O Mundo do Fútbol de Abegondo-A Coruña.

Correctivo para o Xuvenil A na súa visita ao Deportivo B en Abegondo