El tiempo
martes. 30.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Un mal primeiro tempo condenou ao Senior no campo do Cortegada

Regresou de vacío o Pabellón da Primeira Galicia despois da súa visita ao Cortegada, nun partido que viviu unha intensa primeria metade na que se materializaron os catro goles que amosaba o marcador ao final.

Os branquiverdes tiraron o partido nos primeiros corenta e cinco minutos despoius de encaixar dous tantos nun espazo de sete minutos antes de chegarse á media hora de xogo. Unha terceira diana dos locatarios a escasos instantes do final deixaba as cousas moi difíciles, pero os pabellonistas acortaron distancias ao borde do pitido final coa diana de Cacha para reducir o impacto dos tres goles do cadro anfitrión.

Segundo tempo

No retorno de vestiarios os de Luis Parada buscaron unha nova acción que os metese de cheo no enfrontamento, pero pese a contar con varias oportunidades o marcador non se movería en todo o segundo periodo. O técnico branquiverde lametábase ao final sinalado que "Tirando os primeiros corenta e cinco minutos, é difícil remontar despois".

Pese ao revés no campo de A Lomba o Pabellón mantense fóra dos postos de descenso con 11 puntos. Na vindeira xornada visita ao Loñoá no campo da Carabina.

FICHA TÉCNICA

Cortegada CF (3): José Manuel, Ricardo, Gabriel, Roberto, Luis, Diego (Mosquera, m.71), Hugo (Óscar, m.57), Abel (Álvaro, m.88), Adrián Fernández (Adrián Pérez, m.84), Dabarca e Juan José (Ayrton, m.89).

Pabellón CF (1): Julián, Sergio (Caseiro, m.52), Iván (Miguel, m.57), Berni, Adrián, Rober, Aldán, Cacha, Numan (Pancho, m,.52), Marcos e Antón (Guzmán, m.65).

Árbitro: Rodríguez Grande, asistido nas bandas por Alonso Blanco e Guzmán Falcón (Comité Galego-Ourense). Amonestó a Ricardo (m.21) e Óscar (m.68) nos locais e a Berni (m.37) e Cacha (m.65) nos visitantes, que tamén sufriron a expulsión por dobre cartón amarelo do segundo adestrador Julio Casanova (m.74).

Goles: 1-0, m.21: Luis, 2-0, m.28: Roberto. 3-0, m.45: Ricardo. 3-1, m.47: Cacha.

Incidencias: Partido da duodécima xornada da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo de A Lombra-Sumi Cortés en Cortegada.

Un mal primeiro tempo condenou ao Senior no campo do Cortegada