El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

0-0 | Empate do Senior, que volve a fallar un penalti

DOMINGO 07/04/2024 (17:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 0 – CD VILAR DE BARRIO : 0 (0-0)

O conxunto pabellonista foi incapaz de marcar un gol e incluso por segunda vez consecutiva, como xa pasara en Trives, volveron a errar un penalti no treito final da segunda metade.

O empate complica a situación do equipo (34 puntos) no Grupo 2º da Segunda Galicia, ocupando un dos sete postos de descenso directo e a unha distancia de tres puntos da oitava posición que nestes intres permite a permanencia a falta de cinco xornadas.

Diego remata de cabeza un saque dende o curruncho

Na primeira metade os de Toño Sanmartín, que apenas dispuxeron de varias accións a balón parado tanto con faltas e saques dende o curruncho, levaron maioritariamente a iniciativa pero sen inquietar moito a portería dun rival que non disparou na primeira metade sobre a meta defendida por desapercibido Nacho.

No retorno de vestiarios o dominio local intensificouse e o rival tamén comezou a acusar certo cansancio, polo que foron chegando as ocasións de gol.

Aldán en dúas ocasións, David noutras tantas e Luis tiveron as máis claras pero non houbo maneira. O meta local Nacho prácticamente foi un espectador máis posto que o Vilar de Barrio, como xa sucedera no primeiro acto, apenas chegou ao área.

Os pabellonistas acusaron a falta de definición nas ocasións creadas

Un claro penalti sinalado polo colexiado nos treito final do partido puido cambiar o rumbo do mesmo, pero o lanzamento de Cacha foise alto. Intentouno ata o final a escuadra branquiverde pero o marcador non se movería contra un rival que é o segundo equipo do grupo que máis tantos levaba encaixados.

A falta de gol volveulle a xogar unha mala pasado aos de Toño Sanmartín, que se deixaron no camiño sete puntos contra rivais da parte baixa da táboa. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Soutopenedo no campo de O Corgo.

Os capitáns de ambos equipos Iván (Pabellón) e Jesús (Vilar de Barrio) co colexiado

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, José, Rober, Luis, Iago (Mario, m.70), Aldán, Cacha, Diego (Sandro, m.85), Sergio, Iván (David, m.61) e Dani (Iago Nieto, m.61).

CD Vilar de Barrio: Álex, Jesús, Seguín (Miguel, m.65), Álvaro, Imad (Arturo, m.46), Daniel, Yousseff (Khalid, m.87), Raúl, Anxo, Nabil e Miguel Ángel.

Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Luis (m.90) nos locais e a Imad (m.10) e Nabil (m.55) nos visitantes.

 

0-0 | Empate do Senior, que volve a fallar un penalti