LIGA NACIONAL XUVENIL

4-5 | Remontada histórica do Xuvenil "A" na Madroa

SÁBADO 09/11/2024 (16:00)  Campo: CIDADE DEPORTIVA A MADROA (150)

RC CELTA "B" : 4 – PABELLÓN CF : 5 (4-2)

Remontada e vitoria histórica dos branquiverdes, primeira na Madroa en xuvenís, diante do líder nun partido épico correspondente á décima xornada da Liga Nacional Xuvenil.

Ao descanso os celestes mandaban no marcador (4-2). Lucas adiantaba moi cedo aos branquiverdes, pero varios fallos permitiron que os locatarios anotasen tres tantos por medio de Brais e Alexandre, éste último por partida dobre, para situar o marcador nun preocupante 3-1.

Tiago acortaría distancias para o Pabellón pero o Celta respondería cun doloroso tanto, pola forma en que chegaría, para colocar o 4-2 rematando así este periodo.

Segunda metade

No segundo tempo soamente houbo un equipo sobre o terreo de xogo, que foron os pabellonistas.

Non deron o partido por perdido, sairon a por todas e froito do dominio que exerceu conseguiría darlle a volta ao marcador coas dianas de Gómez, Álex García e un espectacular tanto de Joel para o 4-5, cun disparo que entrou pola escuadra da portería defendida por Iván.

O Pabellón suma 24 puntos igualando aos vigueses na táboa clasificatoria. Na próxima xornada o Porriño Industrial visita o Miguel Ángel.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

RC Celta "B": Iván, Nico, Yago (lema, m.63), Pablo Pérez, Roi Rodríguez, Roi Pérez (Mauro, m.58), Cristian (Mateo, m.75), Iker, Pablo Aparicio (Hugo, m.58), Brais e Alexandre (Jorge, m.75).

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, Joel, Ander (Álex García, m.46), Gómez, Soriano, André, Álex Riveiro (Bruno, m.78) e Lucas (Mociño, m.63).

Árbitro: Darío Costas Rodal, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Medina Espeso (Comité Galego-Vigo). Amonestaron a Iván (m.38) e Roi Rodríguez (m.71) nos locais e nos visitantes a Joel (m.45) e Álex García (m.90).

Goles: 0-1, m.5: Lucas. 1-1, m.10: Brais. 2-1, m.26: Alexandre. 3-1, m.33: Alexandre. 3-2, m.40: Tiago. 4-2, m.45+2: Iker. 4-3, m.62: Gómez. 4-4, m.73: Álex García. 4-5, m.82: Joel.