LIGA NACIONAL XUVENIL

1-2 | Triunfo do Xuvenil "A" cun bo inicio de partido

SÁBADO 26/10/2024 (12:15)  Campo: A GRELA 1 (100)

VICTORIA CF : 1 – PABELLÓN CF : 2 (1-2)

Os branquiverdes sumaron os tres puntos en terras herculinas para manterse na parte alta da Liga Nacional Xuvenil ocupando posto de ascenso con 18 puntos. Nesta mesma xornada na pasada tempada soamente tiñan 7.

A escuadra pabellonista xa mandaba no marcador con dous goles anotados nos primeiros vinte de minutos de xogo despois dun arranque de partido algo trabado cos locatarios xogando moi replegados dando poucas opcións en ataque aos ourensáns.

Ao cuarto de hora Álex García batía ao meta local cun remate coa cabeza tras un centro de Soriano e cinco minutos despois Álex Riveiro anotaba o segundo cun chut bombeado que sorprendía a Raúl.

Con esa suculenta vantaxe o Pabellón estivo moi ben ata que Ian se plantou en solitario ante Abraham para marcar e colocar o 1-2 a dez minutos para o descanso.

Álex Riveiro anotou o segundo gol no campo de A Grela
Álex Riveiro anotou o segundo gol no campo de A Grela

A partir de ahí o partido púxose algo louco cun ir e vir e co campo bastante encharcado poloa choiva, o que dificultada o desprazamento do balón.

No resto do partido Álex García tivo unha ocasión para ampliar a vantaxe e tamén houbo varias ocasións nesa ida e volta pero non houbo fortuna na finalizacion. Mentres, o Vitoria apenas inquietou a portería defendida por Abraham cun disparo dende lonxe a algunhas accións a balón parado.

Na próxima xornada o Pabellón recibe na mañá do domingo (12 horas) no Miguel Ángel ao CD Conxo Santiago.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Victoria CF: Raúl, Pablo, Carballeira, Aarón (Iván, m.80), Seoane, Simón, Marcelo (Lucas, m.80), André, Ian (Lagares, m.60), Joel e Javier (Azael, m.60).

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, André (Daniuel, m.60), Ander (Julián, m.60), Gómez, Soriano, Cougil (Joel, m.88), Álex Riveiro (Bruno, m.88) e Álex García (Mociño, m.75).

Árbitro: Abel González Vázquez, asistido nas bandas por Miño Rojas e Lobón Martínez (Comité Galego-A Coruña. Amonestou a Simón (m.61), Aarón (m.77) e Azael (m.90+1) nos locais e a Ander (m.28) e André (m.33) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.15: Álex García. 0-2, m.20: Álex Riveiro. 1-2, m. 35: Ian.