Liga Nacional Xuvenil

1-2 | O Xuvenil "A" cae cun rival directo que remontou

DOMINGO 17/03/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 1 – VICTORIA CF : 2 (0-0)

Derrota dos branquiverdes diante dun rival directo pola permanencia na Liga Nacional Xuvenil nun partido moi tenso na segunda metade. Os branquiverdes estiveron mellor ata que erraron un penalti aos vinte minutos que Santi enviou alto. Antes gozaran de dúas ocasións de perigo en accións de Samuel e Álex Riveiro.

Despois de non aproveitar a pena máxima o equipo acusou o golpe durante un dez minutos que aproveitarían os herculinos para levar perigo á meta de Abraham en dous disparos de Alberto e André.

Pasada esa fase os branquiverdes volveron a facerse co control do balón diante dun rival cunha liña de cinco homes en defensa adiantada dende o inicio que foi moi complicada de traspasar para os locatarios.

A acción máis claro foi nun centro-chut de Jorge que se paseou por diante da portería sen que Mauro e Samuel chegasen a rematar, finalizando a primeira metade sen goles.

Soriano foi obxeto dun claro penalti que erraron os branquiverdes

Segundo tempo

Na volta de vestiarios o Victoria estivo mellor e Xenxo enviaría un balón ao pao ao saque dunha falta. No peor momento dos locatarios Peke anotaba coa testa un centro de Jorge dende a dereita.

Pouco lle durou a alegría aos pabellonistas xa que dous minutos máis tarde chegaría o empate do rival nunha acción culminada por Xenxo iniciada a balón parado que acabaría rodeada de polémica ao entender os anfitrios que había dous adversarios en claro fóra de xogo que o asistente non interpretou como tal.

O Victoria situouse a dous puntos do Pabellón e igualou o coeficiente particular

Álex Riveiro tivo o segundo dos seus nunha contra na que pillaron a todo o Vitoria moi avanzado. O dianteiro local, que non se percatou de que levaba a Unai a súa esquerda, encarou a Izan pero este puido desviar o balón.

Nunha segunda acción de estratexia o rebote favorecería aos herculinos e Alberto cruzaría o balón para o 1-2. En oito minutos os coruñeses daríanlle a volta ao marcador.

 A partir de ahi con máis corazón que cabeza o Pabellón buscou un empate que non acabaría chegando. Con este resultado o Victoria suma 22 puntos por 24 dos de Iván Alonso e Brais Silva. O Victoria levouse os tres puntos tras unha racha de once xornadas sen gañar. A próxima fin de semana o equipo rinde visita ao Conxo Santiago.

Jorge, moi activo na banda dereita, serviu o centro do gol de Peke

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Santi, Unai, Mauro (Bugallo, m.71), Soriano, Machaca (David, m.84), Peke (Mociño, m.63), Álex Riveiro e Samuel (Ander, m.63).

Victoria CF: Izan, Álvaro (Pelayo, m.71), Manuel, Enrique, Seoane, Martín (Adrián, m.46), Erick (Jorge, m.71), Xoel, Daniel (Xenxo, m.46), Alberto (Juan Carlos, m.89) e André.

Árbitro:  Rubén Fernández Otero, asistido nas bandas por Iván Blanco e Marvin Justh Calderón (Comité Galego-Ourense). Amonestarton a Santi (m.76) e Machaca (m.82) nos locais e a Xenxo (m.80) e Adrián (m.90) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.59: Peke. 1-1, m.61: Xenxo. 1-2, m.69: Alberto.