0-0 | Bo punto para o Xuvenil "A" na Coruña
SÁBADO 09/03/2024 (12:15) Campo: A GRELA 1 (100)
ATCO. CORUÑA MONTAÑEROS : 0 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)
A escuadra branquiverde conseguiu puntuar a domicilio nun partido da Liga Nacional Xuvenil correspondente á xornada vinte e cinco que se presentaba moi complicado dada a situación do rival ubicado en posto de ascenso á División de Honra.
Os pabellonistas souberon manexarse aguantar ben no primeiro tempo ante un rival de moita esixencia física con fútbol directo que deu a sensación de perigo, incluidas varias accións a balón parado. No último minuto Bugallo tivo que abandonar o campo lesionado nun nocello.
Segundo tempo
Na segunda metade os branquiverdes foron a máis e tiveron algúns acercamentos á meta herculina. Mentres, o rival xa non estivo tan activo como no primeiro acto e os ourensáns estiveron firmes en defensa. Ao final non se movería o marcador.
Reseñar o debut nos minutos finais do dianteiro Mauro Mociño nas filas ourensáns procedente do Sporting Celanova.
Na próxima xornada o equipo ten unha cita moi importante contra o Victoria da Coruña no Miguel Ángel-Os Remedios marcada para a mañá do domingo.
FICHA TÉCNICA
Atco. Coruña Montañeros: Marco, Daniel (Adrián, m.73), Óscar (Marcos, m.85), Víctor, Buide, Sierra, Nico (Iván, m.57), Achore, Hugo (Brais, m.85), Álex e Diego (Marcote, m.73).
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Bugallo (Iván, m.45), Santi, Tiago (Iker Sampayo, m.86), Machaca, Ander, Álex Riveiro (Mociño, m.83), David (Mauro, m.61), Peke e Samuel.
Árbitro: Alexandre Represas Rodríguez, asistido nas bandas por Jorge Andrés Izzi e Mario Balsa Ramallo (Comité Galego-A Coruña). Amonestou a Machaca (m.30) e Iker Sampayo (m.90) nos visitantes.