Segunda Galicia

1-1 | Empate do Senior tras catro balóns ao pao

DOMINGO 10/03/2024 (16:30)  Campo: MANOLO MISTO (50)

CD A BOLA : 1 – PABELLÓN CF : 1 (1-1)

A escuadra branquiverde, que sigue moi mermada de efectivos polas lesións, soamente puido sumar un punto ante o penúltimo clasificado do Grupo 2º da Segunda Galicia no choque corresponde á xornada vinte e dúas. 

Os dous goles do partido chegarían na primeira metade. Á media hora de xogo Cacha adiantaba aos de Toño Sanmartín, pero sete máis tarde os locais igualarían o marcador nunha falta lateral executada por José Miguel que entrou mansamente na portería sen que ninguén lle tocase ao balón. Con empate a un tanto chegaríase ao descanso.

Segunda metade 

Na segunda metade o Pabellón tivo varias oportunidades para situarse por diante pero por catro veces o balón petou na madeira e incluso pese a que rival quedou con dez homes pola tempraneira expulsión de Antonio (57`) non houbo maneira.

Con este resultado o equipo suma 33 puntos ubicado fóra da ampla zona de descenso. Na próxima xornada recibe no Miguel Ángel-Os Remedios ao CD Córgomo, líder do grupo.

Cacha volveu a marcar gol por segunda xornada consecutiva

FICHA TÉCNICA

CD A Bola: Miranda, Iago (Alejandro, m.69), José Miguel, Antonio, Adrián, Brais (Aurelio, m.69), Jonathan (Alonso, m.46), Mario (Diego, m.62), Joshua, Ricardo (Jacobo, m.77) e Pablo.

Pabellón CF: Nacho, José, Rober, Luis, Mario, Aldán, Sergio, Cacha, Diego (Mael, m.75), Iago Nieto (Guzmán, m.46) e Dani (Marcos, m.65).

Árbitro: Selina Álvarez Blanco (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Alejandro (m.77) nos locatarios, que tamén sufrion a expulsión de Antonio (m.51 e 57) por dobre cartón amarelo.

Goles: 0-1, m.30: Cacha. 1-1, m.37: José Miguel.