Segunda Galicia

Derrota do Senior no último minuto

Un gol no último minuto condenou á derrota (1-0) ao Pabellón no campo do Raio Alaricano na última xornada do 2023 no Grupo 2º da Segunda Galicia.

Trátase da terceira derrota consecutiva que encaixan os branquiverdes e que o deixan con 20 puntos transcurridas catorce xornadas.

A competición volverá o 14 de xaneiro coa visita do Atlético Vilariño ao campo de Os Remedios, tres semanas de parón que virán ben para recuperar aos lesionados.

FICHA TÉCNICA

Raio Alaricano (1): Miguel Ángel, Pablo, David Delgado (Aram, m.36), Brais, David Sotelo (José Manuel, m.57), Nacho (Jorge, m.46), Javier, Esteban, Álex (Adrián, m.46), Aitor e Rubén. 

Pabellón CF (0): Nacho, José, Miguel Ángel, Berni, Iago, Luis, Cacha, Iago Nieto, Diego, Iván e Dani.

Árbitro: Pérez Argos (Comité Galego-Ourense). 

Goles: 1-0, m.89: Adrián.

Incidencias: Partido da décimocuarta xornada da Segunda Galicia-Grupo 2º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.