El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

0-1 | Derrota inxusta do Xuvenil "A"

DOMINGO 28/01/2024 (12:00)  Campo: OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 0 – RC CELTA "B" : 1 (0-1)

Fixo merecementos o conxunto branquiverde para haber sumando, polo menos, un punto diante dun rival que aproveitaría unha das poucas oportunidades que tivo ao longo dos noventa minutos para levarse unha excesiva vitoria no choque da Liga Nacional Xuvenil disputado nos Remedios.

Na primeira metade os celestes tiveron máis posesión de balón ante un cadro local replegado e impedindo que o rival chegase con perigo á meta defendida por Abraham.

Un disparo de Álex Riveiro dende fóra do área, que detivo o porteiro visitante con apuros, e un remate de Bugallo despois dunha acción embarullada, foron as oportunidades claras para os branquiverdes antes de que chegase o tanto dos célticos.

Jorge estivo moi activo na segunda metade pola banda dereita

Foi  na única acción perigosa nunha internada por la banda que culminou Ángel, chegándose ao descanso co 0-1 que figuraba no marcador.

No segundo tempo os pabellonistas sairon moi intensos e levaron a iniciativa, creando moito perigo polas bandas. Houbo varias oportunides para igualar o choque en accións de Jorge e Álex Riveiro. Soriano tivo a última cun remate de cabeza que se foi por encima da portería rival.

Despois deste resultado o Pabellón queda con 20 puntos e na próxima xornada visita al Deportivo "B" en Abegondo.

Soriano avanza co balón ante a presenza dun rival

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Bugallo (Simón, m.46), Unai, Miguel (Peke, m.46), Soriano, Machaca, Santi, Mauro (Ander, m.70) e Álex Riveiro (bruno, m.62).

RC Celta "B": Asier, Fer (Daniel, m.66), Pedro, Roi, Anxo, Julián (Cristian, m.46), Amet (Alexandre, m.70), Salvaggio, Ángel (Ianis, m.70), Iago e Noya (Mario, m.66).

Árbitro: Xabier González Castelao asistido nas bandas por Cabano Docasar e Losada Gutiérrez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Soriano (m.82) nos locatarios e a Ángel (m.65) nos visitantes.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

 

 

0-1 | Derrota inxusta do Xuvenil "A"